Bóveda acolle un curso para persoas coidadoras de persoas con alzheimer
RibeiraSacraXa
Bóveda organiza o 19, o 21, o 26 e o 28 de outubro un curso para persoas coidadoras de persoas con alzheimer e outras demencias.
5 Oct 2021
Bóveda organiza o martes 19, o xoves 21, o martes 26 e o xoves 28 de outubro un curso para persoas coidadoras de persoas con alzheimer e outras demencias.
A formación, organizada polo Concello de Bóveda e Afamón -Asociación de Familiares de enfermos de alzhéimer, otras demencias y enfermedades neurodegenerativas- Monforte realizarase no salón de plenos do Concello de Bóveda.
O horario será de 18 a 20 horas e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes. Así mesmo, para calquera dúbida ou para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 982 410 929 -Afamon- ou ao 982 426 006 -Concello de Bóveda-.