Avanzan as obras de rehabilitación do antigo edificio da Cámara Agraria en Taboada

RibeiraSacraXa
O alcalde, Roi Rigueira, avanza que os traballos permitirán reorganizar as dependencias municipais e desenvolver un novo proxecto innovador
camara-agraria-taboada
2 Mar 2026

O Concello de Taboada continúa coas obras de rehabilitación do antigo edificio da Cámara Agraria, un proxecto que, segundo destaca o alcalde, Roi Rigueira, permitirá reorganizar as dependencias municipais e desenvolver un novo proxecto innovador.

O local, avanza o rexedor, ofrecerá “moitas posibilidades o día de mañá para unha posible reorganización das dependencias municipais e para un innovador proxecto que estamos perfilando”.

O alcalde amosa a súa satisfacción pola posta en marcha destes traballos. Un proxecto que, explica, deu os primeiros pasos desde a oposición, conseguindo que o Concello de Taboada adquirise o edificio á Xunta, e posteriormente desde o goberno, asinando un convenio coa Deputación de Lugo para o seu arranxo integral. “Persoalmente, é unha satisfacción enorme ver iniciadas estas obras, xa que levamos moito tempo traballando para que isto sexa hoxe unha realidade”, destaca.

Rigueira pon en valor que, con este proxecto, o Concello conseguirá “gañar un edificio público, contribuíndo ao mesmo tempo ao adecentamento do centro do pobo e posibilitando que, máis pronto que tarde, se poidan prestar servizos á cidadanía en mellores condicións”.

0.12948894500732