Aumentan os casos de covid en Chantada e Monforte
A covid volve a mostrar un descenso pronunciado, en especial na presión hospitalaria. Así, hoxe son 382 casos activos, que son 22 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 23.
De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 2). Ademais, as altas chegaron ás 11.307, 35 en 24 horas, o día anterior foron 25.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.803 casos rexistrados e 208 persoas falecidas, unha máis, unha muller de 85 anos ingresada no Hula.
A presión hospitalaria baixa significativamente. Na UCI do Hula xa hai dous pacientes menos, 6 en total, e en planta son 22 enfermos (3 menos), 14 no hospital de Lugo (2 menos), 6 en Monforte (1 menos) e 2 en Burela.
POR COMARCAS
A Mariña
Na comarca, Lourenzá queda en estado de alerta media sen subir de dez e no resto, poucos casos.
- Lourenzá segue en alerta media pero por debaixo de 10 casos.
- Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz e Riotorto.
- Na última semana tampouco tiveron Ribadeo, O Valadouro e Mondoñedo.
Terra Chá
A práctica totalidade dos concellos están limpos de covid nos últimos 7 días e Guitiriz continúa o descenso da curva.
- Guitiriz, en alerta media, baixa a 15 casos novos en quince días, 4 menos.
- No veciño Concello das Pontes están en 13 casos, un menos.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Friol, Castro de Rei, Muras, A Pastoriza, Begonte e Outeiro de Rei.
- Nos últimos sete tampouco tiveron casos Rábade e Meira.
Centro da provincia
Lugo segue á baixa e sen cambios no resto da comarca.
- Lugo reduce novamente 14 casos e queda en 61 en total.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Palas, O Corgo e Baralla.
Comarca de Sarria
A situación en Paradela segue en alerta media oficialmente, pero con datos de máxima.
- Paradela sobe a 13 casos (3 máis) cunha incidencia elevada, por riba do 500 por 100.000 habitantes.
- Láncara, Triacastela, O Incio e O Páramo están limpos de covid.
Ribeira Sacra
A comarca é a que ten peores datos no día de hoxe. Os contaxios suman en Monforte e Chantada mentres A Pobra de Brollón segue en alerta máxima con dez casos que afectan a dúas familias pero que non está extendido segundo indica o seu alcalde.
- Monforte sobe hoxe a 32 casos, 1 máis.
- Chantada volve subir e chega a 13, 3 máis que onte.
- A Pobra de Brollón segue con dez casos en alerta máxima debido á alta incidencia.
- Sen casos en quince días: Taboada, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.