Canceladas as Xornadas de Folclore previstas para hoxe en Manzaneda

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O resto das actuacións mantéñense á espera da evolución dos lumes activos na provincia
xornadas-de-folclore-allariz-2025
13 Aug 2025

No contexto da situación actual de emerxencia en Manzaneda polos incendios forestais, a organización das Xornadas de Folclore informa da cancelación do espectáculo previsto para hoxe no municipio.

O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense a esta hora da mañá, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

Así e polo de agora, o espectáculo previsto esta noite en Maceda mantense como estaba previsto, e comezará ás 22:30 horas coas actuacións de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
As Xornadas de Folclore de Ourense deron comezo ao seu percorrido pola provincia este martes con actuacións en Bande e Allariz, nunha xornada marcada pola diversidade cultural e a tradición internacional, que reuniu a numerosos espectadores en ambas localidades.

En Bande, as actuacións iniciais estiveron a cargo de grupos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, mentres que en Allariz subiron ao escenario formacións de Arxentina, Filipinas e Ucraína no Campo da Barreira.

O calendario segue o xoves, 14 de agosto, con actuacións no Parque da Preguiza de Verín e no Parque Malecón de O Barco, repartindo novamente os grupos segundo os países. O venres 15, as agrupacións desprazaranse a Entrimo e Viana, mentres que o sábado 16 actuarán en A Rúa e O Carballiño. O domingo 17 será o turno de Castro Caldelas e Xinzo.

O luns 18 as citas serán en Celanova e Trives, e o martes 19 celebrarase un desfile desde o Paseo de San Lázaro ata a Praza Maior, coa participación de Arxentina, Filipinas e Ucraína, seguido dun festival nocturno na Praza Maior.

O peche das Xornadas terá lugar o mércores 20 de agosto en Ribadavia, cun espectáculo conxunto no Auditorio Castelo que reunirá todas as agrupacións participantes: Chile, Irlanda do Norte, Xeorxia, Arxentina, Filipinas e Ucraína.

⚙ Configurar cookies
0.50551605224609