As Señoritas e os Carraboleiros regresan a Bolmente para celebrar o Entroido

As Señoritas e os Carraboleiros volverán o 15 de febreiro á parroquia de Bolmente, no Concello de Sober, para celebrar o Entroido, nunha xornada chea de cultura, tradición e gastronomía.
A programación comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú acompañada dun pasarrúas ao ritmo dos Ministreles. Ás 14:00 horas ofrecerase un cocido de Entroido, cun prezo de 25 euros por persoa. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase un concurso de disfraces que repartirá un total de 500 euros en premios. A xornada rematará ás 18:30 horas coa actuación musical do Dúo La Hora Bruja.