As persoas interesadas no servizo de Madrugadores de Chantada poderán solicitalo antes do 15 de xuño

O Concello de Chantada ofrece o servizo de Madrugadores para mellorar a conciliación familiar e laboral das familias do municipio chantadino.
Este servizo está dirixido a familias con alumnado matriculado nos centros escolares públicos de Chantada dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
Este servizo consistirá en coidado e atención do alumnado de luns a venres dende as 7.30 horas ata o comezo da xornada escolar con posibilidade de solicitar servizo de almorzo.
Así, as persoas interesadas en dispoñer destes servizos, que terá lugar nos propios centros escolares, terán que presentar a solicitude de inscrición no Rexistro Xeral ou no Departamento de Servizos Sociais ata o 15 de xuño.
