As obras de urbanización da Zona D de Monforte comezarán a vindeira semana

O Concello de Monforte vén de anunciar o inicio dos dos traballos de urbanización da ‘Zona D’, un espazo de máis de 3.200 m2 situado entre a céntrica rúa Cardenal e o río Cabe, licitados por por un importe de 420.495,57 euros.
O acalde conformou esta mañá que os traballos darán comezo a próxima semana e contarán cun prazo de execución de 8 meses. A zona na que se vai actuar ten forma de rectángulo recortado e inclúe os terreos que están ubicados entre o paseo do río Cabe, as traseiras dos edificios da Avenida de Galicia e do Cardenal (BBVA e supermercado) e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co muro de peche e a pérgola.
O alcalde lembra que no ano 2000, a Corporación municipal naquel momento aprobou con carácter definitivo unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento baixo a modalidade de Sistema de Compensación, de xeito que a urbanización corresponderíalle aos propietarios a urbanización, cousa que, 25 anos despois, non se produciu. Diante desta situación e logo da experiencia positiva da ‘Zona C’, dende o Equipo de Goberno, decidimos tomar a iniciativa e propuxemos ao Pleno do Concello o cambio do Sistema de Compensación polo Sistema de Cooperación, onde a iniciativa xa lle corresponde ao Concello”, explica Tomé.
A proposta foi aprobada no Pleno o 29 de novembro de 2021, con 11 votos a favor do PSOE e 6 abstencións dos concelleiros do PP, BNG e Esperta Monforte, sen que no período de exposición pública se produciran alegacións. Posteriormente, explica o Concello, levouse a cabo a reparcelación e licitación do proxecto de urbanización que comezará a executarse a próxima semana.
Ademais da urbanización do espazo, as obras inclúen a dotación de servizos e conexión con redes do sistema xeral da rúa Cardenal, concretamente instalacións de saneamento de residuais e pluviais, abastecemento de auga, enerxía, alumeado, telecomunicacións e gas. O proxecto complétase coa pavimentación, xardinería e mobiliario.
O rexedor remarca que o desenvolvemento deste proxecto “é un paso máis no meu compromiso de mellorar o urbanismo da cidade, neste caso creando un novo espazo urbano nunha zona emblemática da cidade, como é entorno do Cardenal e o Parque dos Condes”. Dende o Concello esperan que os traballos estean rematadas en maio de 2026.