As obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial de Monforte comezarán en 2026

RibeiraSacraXa
Os traballos previstos permitirán acadar unha redución do 55,50% no consumo de enerxía primaria non renovable e unha mellora do 61,62% nas emisións nas instalacións
xunta-xulgados-monforte
16 Dec 2025

A Xunta anuncia que as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial de Monforte de Lemos, licitadas o pasado 11 de novembro cun orzamento de 1 millón de euros, comezarán o próximo ano. Así o asegurou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, despois de que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes recibira ofertas de cinco empresas para acometer estes traballos.

As intervencións prevén a substitución da cuberta, así como o cambio das carpintarías exteriores por outras fabricadas en madeira laminada de castiñeiro con certificación ecolóxica FSC e dotadas de illamento térmico e acústico. Tamén se substituirán as luminarias por equipos LED con sistemas de control de presenza e regulación do fluxo lumínico. Ademais, levarase a cabo unha renovación completa do sistema de climatización, que inclúe a calefacción, o aire acondicionado e a ventilación, así como a colocación dun módulo corta-ventos na entrada.

Por outra banda, os traballos tamén inclúen a mellora enerxética das instalacións, dotando o edificio de produción de enerxía renovable mediante a instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta.

Todas estas actuacións en conxunto permitirán acadar unha redución do 55,50% no consumo de enerxía primaria non renovable e unha mellora do 61,62% nas emisións. Arias incidiu tamén en que as instalacións gañarán en confort e salubridade para os usuarios.

⚙ Configurar cookies
0.075630187988281