Arrancan as obras na OU-0702 e OU-0703 na Pobra de Trives

RibeiraSacraXa
Os traballos de asfaltado na OU-0702 obrigarán a pechala ao tráfico a partir deste martes
OU-0702
OU-0702
25 Feb 2025

A Deputación de Ourense arranca as obras en dúas estradas provinciais ao seu paso pola Pobra de Trives. Trátase da OU-0702 á altura do CEIP Manuel Bermúdez Couso e da OU-0703, de acceso a Cabeza Grande de Manzaneda, á altura de Cova.

Dende o Concello celebran o inicio dos traballos, pero lembran que fai dez meses que solicitaron á institución provincial que dese comezo aos traballos debido ao mal estado de ambas estradas. Dende o Goberno local agradecen a resposta da deputación destacando que “a colaboración institucional é imprescindible para a boa marcha dos nosos concellos”.

Os traballos de reparación na estrada de Cova iniciáronse este luns, mentres que o asfaltado da OU-0702 arrancou a primeira hora da mañá deste martes. Mentres duren os traballos, a estrada permanecerá pechada ao tráfico entre o quilómetro cero ata a rotonda da Casa da Cultura.

⚙ Configurar cookies
0.6018979549408