Arranca unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Circuíto de Teatro AfeccionadArranca unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións.
presentacion circuito teatro deputacion
14 Oct 2022

Arranca unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións espalladas por todas as comarcas. Vintenove compañías –dez máis que na última edición- representan as súas obras no marco deste programa, co que a área de Cultura mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.

Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Alentía Teatro (Palas de Rei), Metátese Teatro (Palas de Rei), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Falcatrueiros (Monterroso), Argalleiras (Chantada), Teatreiras (Monforte), Viraventos (Monforte), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo), Grupo de Teatro Down (Lugo), Os Pinchacarneiros (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Pico do Castro (Foz), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), A Mariña (Cervo), A Adala (Foz), Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros), Bordelo (Cervo), Borguete Teatro (Vilalba), Os Trocos (Castro de Rei), Os Baluros (Castro de Rei), Chimchiribote (Pol) e Rebuldeira (Sarria).

A área de Cultura xestionou o calendario, atendendo á dispoñibilidade das compañías e as preferencias dos concellos e asociacións interesadas, e financia íntegramente as actuacións.

O Circuíto e Teatro Afeccionado artéllase en catro ciclos en función das temáticas e públicos das obras propostas polas compañías, entre as que se atopan traxicomedias de intriga nas que o suspense se adereza con humor negro; funcións que abordan, a través de historias cotiás, problemáticas sociais como a desigualdade de xénero ou pezas cómicas e costumistas nas que os protagonistas son arquetipos sociais, pasando por adaptacións de obras clásicas da literatura.

Primeiras representacións, esta fin de semana

As primeiras representacións desenvolveranse esta fin de semana. A compañía focense Axóuxeres representa Cousas de mulleres na Casa da Cultural do Vicedo o sábado ás 20.00 horas. O domingo, o Colectivo Cultural Ollomao pon en escena O documento, no Centro Social de Cangas, en Foz, ás 19.00 horas.

presentacion circuito teatro deputacion cartaz
0.098649978637695