Antonio Lois presentou o seu poemario “Lembranzas e sentimentos de quen soñou ser poeta” no Círculo Saviñao

RibeiraSacraXa
O autor estivo acompañado por Anxo Boan Rodríguez e por Germán López Quiroga, quen recitaron poemas do autor
antonio-lois-circulo-saviñao
7 Apr 2026

O Círculo Saviñao acolleu o pasado sábado 4 de abril a presentación do último libro de Antonio Lois, o poemario “Lembranzas e sentimentos de quen soñou ser poeta”, nun acto marcado pola emoción e o reencontro.

O autor, economista e técnico en Estampados, Tintes e Acabados Téxtiles, desenvolveu a súa vida laboral en Cataluña, sen deixar de añorar as súas raíces no Castro de Mourelos, un sentimento que queda reflectido nesta obra chea de recordos e morriña.

O acto contou coa colaboración do chantadino Anxo Boan Rodríguez e de Germán López Quiroga, que tamén participaron recitando poemas do autor. O recital completouse coa intervención de amigos como Yolanda Lois, Ana Rey, José Pedreira, Suso Talento, Sara Limeres e Paco Ledo.

0.11749887466431