Alumnos do obradoiro de emprego acondicionan a devesa de Escairón
RibeiraSacraXa
Limparán a contorna e farán unha poda estética e sanitaria das árbores, antes de trasladarse á devesa de Currelos
11 Feb 2021
Os participantes no módulo de forestais do obradoiro de emprego Ricra IV que promove o Concello do Saviñao, en colaboración cos concellos veciños de Pantón e Sober, iniciaron este xoves os traballos de acondicionamento na devesa de Escairón.
A actuación suporá a limpeza, recollida de folla e maila poda, tanto estética como sanitaria, das árbores da cortorna. Os traballos, que hoxe foron supervisados polo alcalde do municipio, Carlos Armesto, prolongaranse durante toda a semana.
Unha vez rematado o acondicionamento da devesa de Escairón, os participantes no obradoiro trasladaranse á devesa de Currelos.