Aínda quedan entradas para a actuación de Luar na Lubre no Courel

RibeiraSacraXa
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro sábado 6 de novembro en Folgoso do Courel.
luar na lubre
31 Out 2021

O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro sábado 6 de novembro en Folgoso do Courel. Así pois, a cita levarase a cabo no campo da feira de Seoane do Courel ás 18 horas.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

Unha xornada de música e ambiente festivo no que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes e no que haberá reservar entrada no Concello de Folgoso do Courel.

cartel folgoso courel
0.21297883987427