Agacal oganiza a xornada 'Loita contra as doenzas do castiñeiro' en Quiroga
RibeiraSacraXa
A xornada, que se centrará no chancro e na avespa, estará impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós
22 Jul 2024
A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o vindeiro venres, 2 de agosto, unha xornada formativa sobre a 'Loita contra as doenzas do castiñeiro', organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Agacal.
A xornada, que se centrará no chancro e na avespa, estará impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, de Ourense.
Os interesados en participar nesta xornada formativa que se desenvolverá entre as 10.00 horas e as 14.00 horas, deben cumprimentar un formulario de inscrición que poden obter no Concello de Quiroga.