Adxudicadas por cerca de 57.000 euros as obras de acondicionamento da Alameda da praza, en Sober

RibeiraSacraXa
Instalarase unha pérgola para humanizar o entorno e lograr unha zona protexida no verán
xunta-sober-alameda
21 Mar 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acaba de adxudicar, por un importe de 56.900 euros, as obras de acondicionamento da Alameda da praza do concello de Sober, onde se instalará unha pérgola para humanizar o entorno.

Os traballos, adxudicados á empresa Explotacións Medioambientais S.L.U., levaranse a cabo de maneira conxunta na Alameda desta praza do municipio lucense, onde se prevé a colocación da dita pérgola, que ademais de converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes, funcionará como un espazo de refuxio nos días de calor.

Ademais, esta zona contará con bancos e habilitarase a instalación de iluminación pública mediante luminarias LED, que permitirán un aforro enerxético. Tamén se dispoñerá de arbolado e plantas para embellecer este entorno e contribuír a xerar sombra.

Este proxecto impulsa a través do Plan Hurbe do Goberno galego, que dá apoio aos concellos para mellorar a calidade de vida dos veciños. Con este programa, a Xunta colabora na financiación da dotación de equipamentos públicos ou na mellora de entornos urbanos.

A inversión total das intervencións sumará algo máis de 70.000 euros, dos que a Xunta financia o 70%, é dicir, 49.521 euros, e o Concello o 30% restante, 21.243 euros.

Estes traballos darán continuidade á reforma realizada pola Xunta nesta praza en 2017, cunha inversión de case 280.000 euros que permitiu acometer unha remodelación.

⚙ Configurar cookies
0.5963978767395