Adxudicada por 435.600 euros a obra de mellora da LU-P-4702 na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
As obras levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 2,5 e 10,8, cun prazo de execución estimado de mes e medio
LU-P-4702
LU-P-4702
11 May 2025

A Deputación de Lugo adxudicou por un importe de 435.600 euros a obra de mellora dos últimos oito quilómetros da estrada provincial LU-P-4702, que conecta os núcleos de Vilachá e A Estación a través de Rozabales, no concello da Pobra do Brollón.

Os traballos realizaranse entre os puntos quilométricos 2,5 e 10,8, cun prazo de execución estimado de mes e medio. A intervención incluirá actuacións de mellora no sistema de drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical.

Desde o Concello da Pobra do Brollón destacan a importancia desta actuación, considerada “necesaria para mellorar as comunicacións da veciñanza” e favorecer a conectividade e a seguridade viaria na zona rural do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.17838788032532