Abre o prazo de inscrición no campamento de verán de Bóveda
As actividades van destinadas a cativos con idades comprendidas entre os 4 e 13 anos.
O Concello de Bóveda ofrece ata o 10 de xuño a oportunidade de anotarse no seu campamento estival. As trinta prazas dispoñíbeis serán outorgadas segundo a orde de inscrición. Non ben, terá preferencia a xente empadroada no municipio.
O campamento comezará o 1 de xullo e rematará 0 30 do mesmo mes. Ao longo desta tempada, entre as 9.00 e as 14.00 horas, os nenos poderán gozar de múltiples actividades. Entre elas, haberá unha gran variedade de xogos, obradoiros, deportes, manualidades etc. A meirande parte delas serán realizadas nas instalacións do concello.
Todo aquel que desexe realizar a súa inscrición ou pedir máis información deberá chamar ao 982426177. Asemade, tamén poderá contactar mediante o enderezo electrónico: cultura@concellodeboveda.com