Aberto o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido de Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
Esta convocatoria está aberta ata o 13 de febreiro tanto a comparsas do propio municipio como a grupos doutros concellos

7 Feb 2026
O Concello de Ribas de Sil ten aberto ata o 13 de febreiro o prazo de inscrición para participar no Desfile de Comparsas 2026, que se celebrará na vila de San Clodio o sábado 14 de febreiro a partir das 17:00 horas.
Esta convocatoria está aberta tanto a comparsas do propio municipio como a grupos doutros concellos, convidando a todos a encher as rúas de cor, música e diversión.
Para inscribirse, os interesados poden poñerse en contacto co Concello ou achegarse directamente ás oficinas municipais.