Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros en igualdade do Courel

RibeiraSacraXa
O Concello de Folgoso do Courel abre o prazo de inscrición nos obradoiros de actividades coeducativas en igualdade para nenos e nenas.
campamento nenos
11 Xul 2021

O Concello de Folgoso do Courel abre o prazo de inscrición nos obradoiros de actividades coeducativas en igualdade para nenos e nenas, que se van desenvolver na localidade do 19 de xullo ao 31 de agosto. Así pois, o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 16 de xullo -tamén incluído-.

O número de prazas ofertadas nestas actividades é de 15, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados no propio Concello de Folgoso do Courel. Así mesmo, os obradoiros están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 13 anos que poderán desfrutar e aprender a través de actividades lúdicas e amenas, nun ambiente de respecto e de igualdade.

Desta maneira, todas aquelas persoas interesadas poderán inscribirse de maneira presencial no rexistro do Concello -de luns a venres en horario de 8 a 15 horas- ou ben de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida ao Sistema de Intercambio Rexistral.

Na solicitude deberán indicarse os días que o neno ou nena participe nos obradoiros. No caso de que a demanda sexa maior que a oferta, cubriranse as prazas por rigurosa orde de entradas das solicitudes no rexistro do Concello.

Así mesmo, dende o Concello recordan que as actividades se levarán a cabo sempre e cando as autoridades sanitarias o permitan e levando a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes. Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar no Concello.

cartel obradoiros folgoso courel
0.16171383857727