Aberto o prazo de inscrición nas Merendas con Contos en Sober

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober abre o prazo de inscrición nas Merendas con Contos. Aquelas persoas interesadas poden inscribirse ata o 6 de outubro.
nenos atencion tempera
24 sep 2021

O Concello de Sober abre o prazo de inscrición nas Merendas con Contos. Así pois, todas aquelas persoas interesadas poderán anotarse ata o vindeiro mércores 6 de outubro neste programa de animación á lectura.

As prazas que se ofertan son 20 e é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A cita realizarase os venres en horario de 16.30 a 19 horas.

Dende o Concello informan que se existe máis demanda que prazas ofertadas, estas cubriranse por orde de entrada das solicitudes, tendo en conta que as familias que estean empadroadas no Concello de Sober teñen preferencia.

Por outra beira, a inscrición pódese realizar de dúas maneiras diferentes: de maneira presencial, entregando solicitude no Concello de 9 a 14 horas ou de maneira telemática, a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral.

Así mesmo, esta actividade realizarase sempre e cando as autoridades correspondentes así o permitan, levando a cabo as medidas sanitarias en todo momento para crear un ambiente seguro e ameno.

Para calquera dúbida ou para máis información, pódese contactar co Concello no número de teléfono 982 460 414.

cartel merenda conto sober
0.20709300041199