A Xunta e o Concello da Pobra de Trives avanzan en materia de cultura el patrimonio

RibeiraSacraXa
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez mantiveron un encontro para analizar as necesidades do municipio
patricia-dominguez-lopez-campos
Patricia Domínguez e José López Campos
19 Jun 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa do municipio ourensán da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, para coñecer de primeira man as necesidades do concello nas áreas da súa competencia e analizar posibles colaboracións ao respecto.

Con este obxectivo, durante a reunión, abordáronse cuestións relacionadas coa posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura, con propostas para o impulso da lingua galega e tamén con aquelas encamiñadas ao apoio á mocidade deste municipio, capital da comarca Terra de Trives. Deste xeito, López Campos continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas materias.

⚙ Configurar cookies
0.16709303855896