A Xunta colabora un ano máis coa celebración do Entroido de Salcedo

RibeiraSacraXa
As celebracións arrancarán o próximo sábado e estenderanse até o martes
presentacion-entroido-salcedo
6 Feb 2026

A parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón, celebrará do 14 ao 17 de febreiro o seu tradicional Entroido, impulsado pola Asociación Veciñal de Salcedo. Un ano máis, o evento, que foi presentado oficialmente esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, contará co apoio do Goberno galego.

No acto participaron delegado territorial, Javier Arias, e o presidente da agrupación organizadora, Lucas López, ademais doutros membros do colectivo.

Respecto ao programa, ao longo dos catro días haberá funcións de teatro e animación musical, coas actuacións de Malenne, Alma DJ, Brabán Gaiteiros, Dúo Triada, Grupo Lume, as orquestras Suavecito e Los Players, a charanga Terras do Bibei e Mekanica Rolling Band. Tamén se desprazará a discoteca móbil A Duendeneta.

O pregón, que terá lugar o domingo ás 19:00 horas, estará a cargo do antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. A continuación sairán as Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo. A saída do Oso, o elemento máis característico deste Entroido, será o luns ás 17:00 horas.

Así mesmo, o luns e o martes haberá dúas ceas populares, a primeira delas cunha foodtruck.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.077970027923584