A Xanela do Maxín levará a Quiroga o seu espectáculo 'Dende Rosalía ata as Cantareiras'

RibeiraSacraXa
Será este venres 30 de maio ás 18.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e está organizado polo BNG de Quiroga
de-rosalia-asa-cantareiras-a-xanela-do-maxin
Espectáculo 'De Rosalía ás Cantareiras', A Xanela do Maxín
27 May 2025

Fiel á súa tradición de organizar actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, o BNG de Quiroga decidiu contar este ano coa compañía A Xanela do Maxín e apostar por unha proposta escénica divulgativa e entretida que fai un percorrido polas mulleres homenaxeadas nesta data tan sinalada.

Trátase dun espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías, poñendo en valor a herdanza das mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas, con especial atención ás Cantareiras e ao cancioneiro popular, eixo central da celebración deste 2025.

  • No espectáculo lembrarase a seguintes figuras da cultura galega:
  • Rosalía de Castro: A Poetisa do Sentimento
  • Francisca Herrera Garrido: Abrindo camiños
  • María Mariño: A Escritora da Terra e do Mar
  • María Victoria Moreno: A Narradora Incansable
  • Xela Arias: A Poetisa da Palabra Libérrima
  • Luísa Villalta: Entre Versos e Escenarios
  • As Cantareiras: Alma e Tradición

Sobre esta proposta escénica, a compañía destaca: “Poñemos en valor o legado das excepcionais mulleres homenaxeadas nas nosas Letras, dende Rosalía de Castro ata as Cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada fonda na literatura, na música e no teatro galegos, e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura”.

Desde o BNG de Quiroga animn a toda a veciñanza “a facer un oco na axenda e achegarse este venres á Casa da Cultura para pasar un intre agradable e lembrar xuntas a memoria das mulleres das nosas Letras Galegas”.

⚙ Configurar cookies
0.18529200553894