A veciñanza de Taboada poderá aprender a usar o seu móbil nunhas xornadas formativas

RibeiraSacraXa
O Concello de Taboada organiza unha xornada formativa sobre o uso do móbil o vindeiro luns, 22 de xaneiro, así como o seguinte luns, 29, en horario de 10.
19 Xan 2024

O Concello de Taboada organiza unha xornada formativa sobre o uso do móbil o vindeiro luns, 22 de xaneiro, así como o seguinte luns, 29, en horario de 10.30 a 12.30 horas.

Esta iniciativa, aberta ao público ten como obxectivo concienciar e formar á cidadanía sobre o uso do teléfono móbil dentro do Programa Xunt@s, de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo, xa que é unha actividade aberta ao público que terá lugar na Casa da Cultura de Taboada

0.1717381477356