A veciñanza de Folgoso do Courel espera poder adaptarse ao cambio de canles da TDT

RibeiraSacraXa
O vindeiro 14 de febreiro, haberá un novo “apagado analóxico”, ao deixar de emitir todos os canles da TDT en SD para pasar a facelo en Alta Definición (HD) e en concellos do rural, como o de Folgoso do Courel, din que non saben se poderán adaptarse a este cambio.
9 Feb 2024

O vindeiro 14 de febreiro, haberá un novo “apagado analóxico”, ao deixar de emitir todos os canles da TDT en SD para pasar a facelo en Alta Definición (HD) e en concellos do rural, como o de Folgoso do Courel, din que non saben se poderán adaptarse a este cambio.

O Real Decreto 391/2019, do 21 de xuño, aprobou o Plan Técnico Nacional da TDT que establece este cambio obrigatorio, xa que a medida supón liberar e aforrar ancho de banda e estender a liña de rede móbil 5 cara a frecuencias antes usadas na televisión analóxica e TDT-SD.

Lola Castro, rexedora do Concello de Folgoso do Courel, incide en que este cambio afectará a “entre 6 e 17 aldeas do municipio, xa que son zonas que están apartadas e nas que para poder ver a televisión teñen sistemas vía satélite que deberán ser actualizados nas zonas sen cobertura por cable”.

Isto suporá un gran custo, xa que os conversores teñen un prezo de 450 euros e son fabricados por unha soa empresa en España, polo que non hai posibilidade de adquirilos doutro xeito.

“As persoas que viven nestas aldeas do noso municipio teñen unha idade moi avanzada e unhas pensións reducidas, polo que é difícil que poidan acceder a estes produtos”, polo que desde o Goberno local xa tramitaron unha solicitude de moratoria á Administración central para postergar a conversión ao HD ata que os veciños poidan adquirir os receptores.

Unha subvención da Xunta de Galicia para a adquisición dos conversores

A rexedora de Folgoso do Courel, Lola Castro, non confía en que desde a Administración pública lle dean máis tempo para que os veciños se adapten ao cambio, “igual que pasou hai 14 anos co primeiro apagado analóxico”.

Así, valoran a noticia que se lles deu desde a Xunta de Galicia, que van sacar unha liña de axudas en forma de subvención para que os galegos e galegas poidan adquirir estes aparatos de forma gratuíta, o primeiro que compren e cunha redución do custo do 50 % para o segundo conversor, xa que hai que mercar un por televisor.

“Hai persoas que viven soas, de idade avanzada e que o único contacto que teñen co mundo é a través da televisión”, explica Castro, “por iso é tan importante”. A rexedora conclúe que espera que “non haxa problemas de subministro, porque agora todo o mundo vai pedir estes aparellos e só poden instalalos profesionais homologados, a ver se podemos chegar ao 14 de febreiro co cambio feito”.

https://galiciaxa.com/2024/01/rsxa/zonas-rsxa/monforte-rsxa/251800/

0.20462918281555