A Sociedade Filharmónica de Monforte celebrou o seu 75 aniversario
A Sociedade Filharmónica de Monforte celebrou o pasado venres o seu 75 aniversario co tradicional Concerto de Aninovo, que contou coa participación do alcalde de Monforte, José Tomé Roca.
O Concello de Monforte de Lemos colaborou na celebración deste concerto inaugural, coa cesión das instalacións do Edificio Multiusos, así como contribuíu cun patrocinio económico do mesmo.
Deste xeito, o Auditorio do Edificio Multiusos acolleu o Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Clásica de Vigo, “A Clásica”, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava.
O alcalde estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, Consumo, Regina López, Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz e Muller e Igualdade, Margarita López, así como o presidente da Sociedad Filarmónica de Monforte, Antonio Prado.
Ademais, tamén acudiron membros da Corporación municipal, alcaldes e representantes municipais da zona, así como outras autoridades, e numeroso público que acudiu a disfrutar deste primeiro concerto do ano no Edificio Multiusos.