A Sociedade Filharmónica de Monforte actuará o 6 de maio no Multiusos

RibeiraSacraXa
Interpretarán a obra ‘Loba Branca’, de Brais González
cartel-loba-branca
27 Apr 2025

A Sociedade Filharmónica de Monforte actuará o 6 de maio no Multiusos cun concerto moi especial no que interpretarán a ópera ‘Loba Branca’, de Brais González.

A obra está baseada nunha coñecida historia da Serra do Courel a “lenda da loba branca”, un relato curto que narra a complicada relación entre unha manada de lobos e as aldeas veciñas.

A través desta historia, a peza trata temas de gran relevancia como as complicadas relacións coa contorna natural, o respecto á natureza, a honra ou a vinganza.

⚙ Configurar cookies
0.16074299812317