A segunda actuación do proxecto Sons do Rural será na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Este sábado 9 de outubro, chega ao conxunto etnográfico das adegas centarias de Vilachá de Salvadur, no Concello da Pobra do Brollón
cartel musica tradicional (1)
8 Oct 2021

Este sábado 9 de outubro, chega ao conxunto etnográfico das adegas centarias de Vilachá de Salvadur, no Concello da Pobra do Brollón, a segunda actuación do proxecto Interritmos Sons do Rural.

Este concurso, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel, foi un encontro musical que nace na importancia de gozar da música en directo.

Por esta razón, na xornada do sábado poderase ver o grupo gañador de dita experiencia, así coma de outras actividades e entretementos que se  desenvolverán a partir das 13 horas. En primeiro lugar, poderase gozar do proxecto Adegas da memoria, nas adegas centarias de Vilachá de Salvadur. A continuación, a banda folk Ribas de Sil 3.0 actuará como grupo invitado e, seguidamente, realizarase unha conversa co pandereteiro Xavier Díaz.

Xa ás 14.30 horas, o grupo de pandeiretas da Escola municipal de A Pobra do Brollón fará unha actuación, xunta ao grupo gañador de Interritmos Sons do Rural, charanga Trébede.

Para finalizar a xornada, levarase a cabo unha degustación de produtos locais. Por outra beira, para poder participar nesta xornada variada e única, é necesaria previa inscrición no seguinte enlace: https://interritmos.deloa.es/xornadas/

0.084386110305786