A Pobra do Brollón ofrecerá clases de galego para persoas adultas

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha clases de galego dirixidas a persoas adultas e abertas a todos os niveis, co obxectivo de fomentar o uso e a aprendizaxe da lingua galega no municipio.
As sesións impartiranse os martes en horario de 19:00 a 20:30 horas, a partir do 7 de abril, na aula da Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón. Trátase dunha formación multinivel, adaptada ás distintas necesidades do alumnado interesado.
O prezo da actividade é de 15 euros e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nas oficinas de Servizos Sociais ou obter máis información a través do teléfono 982 430 447.