A Pobra do Brollón ofrece diferentes actividades culturais no verán

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón continúa cos concertos e actividades englobados dentro da programación de verán do Concello.
concerto pobra brollon
26 Xul 2021

A Pobra do Brollón continúa cos concertos e actividades englobados dentro da programación de verán do Concello. Desta maneira, as diferentes actividades realizaranse ao longo do mes de xullo e de agosto.

A primeira das actividades será o vindeiro sábado 31 de agosto na Vella Taberna. O concerto virá da man dos Cantareiros de Cantigas e Frores, un grupo de música tradicional que amenizará a tarde do sábado a través das cancións que interpreten.

O domingo 8 de agosto será o turno de Teresa Ferreiro quen transmitirá a súa música no restaurante 1º de Maio ás 13 horas. Unha actuación única da que se poderá disfrutar e gozar dunha xornada diferente.

O xoves 12, novamente no restaurante 1º de Maio, realizarase a presentación do libro Hasta que llegué al silencio, o primeiro libro de poemas da autora Mayte Rodríguez. Así pois, o libro trata poemas de corte intimista nos que se combina o mundo das emocións co existencialismo e o conflito que se desperta no urbano no seu día a día.

Ao día seguinte, o venres 13 de agosto, Os Desviaos ofrecerán un concerto na área recreativa de Samugueiros. Unha xornada ao aire libre que contará con boa música e un ambiente no que disfrutar dunha boa xornada festiva. O concerto realizarase ás 20.30.

Así mesmo, o venres 20 de agosto será o turno do teatro coa compañía Lila Teatro interpretando a obra Duncan de Palleiro. O espazo onde se realizará será na área recreativa de Samugueiros unha vez máis e a hora á que se levará a cabo será ás 19.

Para finalizar coas xornadas de actividades, o domingo 29 de agosto ás 20.30, Ale realizará un concerto diante da nave de Salcedo. Póñense punto e final, desta maneira a unhas serie de citas musicais e culturais nas que se ofrecen diferentes propostas de ocio e lecer. Así mesmo, dende a organización recordan que para poder participar nelas é preciso reservar.

0.10842895507812