A Pobra do Brollón acolleu a presentación do libro de 'A marcha de Anxo', de Pablo Veiga
RibeiraSacraXa
A obra explora temáticas sociais a través da mirada dun neno de 9 anos
Pablo Veiga
8 Jan 2025
A Pobra do Brollón acolleu a presentación do libro 'A marcha de Anxo', unha obra do escritor e traballador social Pablo Veiga que conta tamén coa colaboración da libreira Rocío Peruchela. A presentación enmarcouse dentro do programa de actividades postas en marcha dende o Concello da Pobra do Brollón para este Nadal de 2024.
O libro explora temáticas sociais a través da mirada dun neno de 9 anos que debe mudarse coa súa familia a un novo lugar cheo de interrogantes. Dende o Concello informan que un dos exemplares xa se atopa dispoñible na Biblioteca Municipal.