A Pobra do Brollón acollerá o 26 de abril o XI Encontro de Corais
RibeiraSacraXa
Contará coa participación da Coral Polifónica da Escola de Música Samoeiro, a Coral Ventos do Val de Mos e a Coral Polifónica de Chantada

15 Apr 2025
O vindeiro sábado, 26 de abril, A Pobra do Brollón será o escenario do XI Encontro de Corais, que terá lugar na Casa da Cultura 'Olga Novo' ás 19.00 horas.
O evento está organizado polo Concello de Bóveda e a Deputación de Lugo, dentro do Plan de Cooperación cos Concellos. A cita deste ano contará coa participación da Coral Polifónica da Escola de Música Samoeiro, a Coral Ventos do Val de Mos (Pontevedra) e a Coral Polifónica de Chantada.