A Pobra do Brollón desenvolverá diferentes actividades durante a primavera

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón organiza para os meses de abril e maio diferentes actividades como parte da programación cultural de primavera.
Xornada Guerrilleira de Repil A Pobra do Brollón
11 Apr 2024

O Concello da Pobra do Brollón organiza para os meses de abril e maio diferentes actividades como parte da programación cultural de primavera.

Así, o vindeiro sábado, 20 de abril, celebrarase a V Xornada Guerrilleira durante todo o día e ás 20.15 horas terá lugar o Festival de Corais na Casa da Cultura Olga Novo. O domingo 21, pola súa parte, representarase o espectáculo teatral de Tarabela Creativa ‘Boa sorte, mala fama’.

Con respecto á seguinte fin de semana, o venres 26 celebrarase a Foliada de San Xurxo no local social de Eixón ás 20.00 horas e o sábado 27 terá lugar a Festa de San Marcos de Trasmonte, en Vilachá.

Xa en maio, os días 3, 4 e 5 será a Feira do Viño de Vilachá na parroquia, que se celebrará un ano máis con diferentes actividades.

Pola súa parte, o 17 de maio será o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual e ese mesmo día presentarase ‘O Misterio do Tulipán’ de Yolanda Álvarez con música e contacontos.

A programación da Pobra do Brollón de primavera rematará co Festival das Letras Galegas que se desenvolverá no municipio.

0.16415596008301