A Pobra do Brollón acolle a comedia teatral O achado do Castro
RibeiraSacraXa
Este domingo día 24 de outubro, haberá a oportunidade de ver a comedia teatral O achado do Castro, na Pobra do Brollón.
23 Oct 2021
Este domingo día 24 de outubro, haberá a oportunidade de ver a comedia teatral O achado do Castro, grazas ao Grupo de teatro do Hospital de Lugo (HULA) e ao Circuíto de Teatro Afeccionado promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Esta comedia, dirixida a todos os públicos, realizarase ás 19 horas na Casa da Cultura Olga Novo, na Pobra do Brollón. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para que os espectadores poidan gozar dun espectáculo seguro e ameno.
A actuación é de balde pero é preciso reservar previamente no teléfono 650 624 828 (preferiblemente por WhatsApp).