A Pobra de Trives prepárase para celebrar o Entroido 2026

O Concello da Pobra de Trives celebrará este luns unha das festas máis agardadas do ano, o Entroido 2026, que terá actividades para todas as idades. O luns 16 de febrerio, celebrarase o Entroido Pequeno na Praza do Pilón a partir das 16:30 horas, coa tarde dedicada aos máis pequenos e pequenas, que poderán participar en actividades variadas e finalizarán coa tradicional chocolatada para os nenos, nenas e os seus acompañantes.
O martes 17 será o gran día do Entroido, que comezará ás 18:00 horas co percorrido de folións polas rúas de Trives. Ese mesmo día celebrarase o desfile e concurso de disfraces, aberto a participantes de todas as idades. As inscricións para o concurso realízanse o propio día do desfile, cubrindo un formulario coa categoría correspondente ata 15 minutos antes do comezo. Poderase participar nunha única categoría, que pode ser individual, para grupos de entre unha e cinco persoas, ou comparsa, para grupos de seis ou máis participantes cunha mesma temática.
O concurso contará con premios de 100, 75 e 50 euros para os disfraces individuais, mentres que as comparsas poderán optar a premios de 300, 150 e 100 euros.