A Pobra de Trives estrea un tótem para dar a benvida á Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
A instalación, con forma de porta, simboliza o acceso a este territorio
totem-trives
15 Mar 2026

O Concello da Pobra de Trives vén de instalar un novo símbolo na entrada do municipio: un tótem con forma de porta, que representa a porta de acceso a un territorio único que este ano aspira a ser recoñecido como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Así o anunciou a alcaldesa, Patricia Dominguéz, que esta mesma semana mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Ao encontro tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León, e nel abordáronse actuacións en materia de infraestruturas de interese para o municipio ourensán.

Segundo destacou a rexedora, este encontro enmárcase na liña de colaboración que a Xunta vén mantendo cos concellos para apoiar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade económica da comarca.

0.11848187446594