A Pobra de Trives celebra esta fin de semana a Festa do Chourizo de Vilanova

A parroquia de Vilanova, na Pobra de Trives, celebra esta fin de semana a Festa Chourizo, que comezará este sábado, 31 de xaneiro, cunha misa solemne na honra á Virxe das Candelas, amenizada polo Orfeón de Trives, seguida dunha sesión vermú coa Charanga Nova de Trives. Polaa tarde, a partir das 20:00 horas, comezará a verbena a cargo do grupo Takicaardia e Dj Bady.
O domingo, as celebracións terán lugar pola mañá, cun pasarrúas coa Charanga Nova de Trives que percorrerá a vila a partir das 10:00 horas e, ás 13:00 horas, comezará a misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú amenizada pola mesma charanga, que poñerá fin ás festas.l