A Pobra de Trives acollerá a presentación da nova publicación literaria de Nuria Pérez Rodríguez "Wonders"

RibeiraSacraXa
Será este venres, 14 de marzo, no Auditorio Xulio Vázquez
presentacion-noria-de-espinas
12 Mar 2025

O vindeiro venres 14 de marzo ás 17:00 horas, o Auditorio Xulio Vázquez da Pobra de Trives será o escenario da presentación do libro Noria de espinas. Las heridas que cambian tu vida, unha obra autobiográfica de Wonders, pseudónimo de Nuria Pérez Rodríguez.

Neste relato de superación e reflexión, a autora aborda temas de gran actualidade como o bullying, o cancro, o maltrato psicolóxico e as enfermidades mentais. Ademais, a obra destaca a importancia de aumentar os recursos destinados á investigación sanitaria.

Esta autopublicación acadou o recoñecemento do público, converténdose nun Best Seller en catro categorías: psicoloxía junguiana, psicoloxía da educación e formación, cyberpunk (ciencia ficción) e distopía.

Un relato impactante que combina ciencia, vida e emoción, e que promete deixar pegada en quen o lea.

⚙ Configurar cookies
0.19879412651062