A obra de teatro 'Escola de Vaqueiras/os', este sábado en Bóveda

RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda acollerá este sábado no seu Centro Sociocultural a obra de teatro 'Escola de Vaqueiras/os' da compañia Metátese Teatro
CARTEL TEATRO BOVEDA PORTADA
23 Maio 2022

O Centro Sociocultural do Concello de Bóveda acollerá este sábado 28 de maio a partires das 18.00 horas a obra Escola de Vaqueiras/os da compañía Metátese Teatro.

Cofinanciada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a obra representada vai ser unha comedia apta para todos os públicos.

A compañia Metátese Teatro naceu en Palas de Rei como unha entidade cultural que persegue achegar a manifestación teatral dos autores contemporáneos a todos os públicos.

0.083385944366455