Preto dunha vintena de artistas amosa a súa obra na mostra ‘Trives no Tempo’

Un extenso grupo de artistas nacidos ou vencellados á Pobra de Trives inauguraron esta fin de semana en Santa Leonor unha mostra colectiva inédita para amosar a gran calidade artística que existe neste municipio.
Titulada ‘Trives no Tempo’, a mostra consta de 70 obras dun total 18 artistas, entre os que se atopan tanto pintores como artesáns. Entre eles están nomes como Julio Vázquez, Pili Portal, Conchi Baloira, Aurora López, Xosé A. Fernández, Aurora Espina, Olga Caneiro, Marcelo Martínez, Xoan C. Domínguez, Ubaldo García, César A. Garrido, M. Carmen Chio, Lulú, Olimpia Arias, Vita Baliabas, Teté Garrido, Eva Quintena e Jana.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 25 de maio.