A mostra ‘Palabra e Memoria’ poderá visitarse en Chantada
RibeiraSacraXa
Esta mostra parte dos traballos de documentación elaborados polo alumnado do IES Perdouro
Igrexa Nova, Chantada
20 Jan 2025
O vindeiro venres, 24 de xaneiro, terá lugar na igrexa nova de Chantada a inauguración da mostra ‘Palabra e memoria’, unha iniciativa do alumnado do IES Perdouro de Burela que trata sobre o uso da lingua galega nos cemiterios e que vén de estar exposta no Museo do Pobo Galego.
A mostra parte dos traballos de documentación elaborados polo alumnado do IES Perdouro que dende o ano 2023, recadaron imaxes da man da área de innovación do propio centro e das fotografías tomadas pola fotoxornalista Pepa Losada. A exposición conta tamén coa colaboración das fotógrafas María Mon e Aida López.