A mostra ‘Nepal, o sorriso da alma’ poderá visitarse ata o 31 de maio en Pantón

RibeiraSacraXa
A exposición está composta por máis de 20 fotografías de Seve Ferreiro sobre a súa viaxe a Nepal, que se poden ver na Casa da Cultura
exposicion-nepal-seve-ferreir-panton
Exposición ‘Nepal, o sorriso da alma’ de Seve Ferreiro en Pantón
14 May 2025

A casa da cultura de Pantón acolle ata o 31 de maio a exposición, ‘Nepal, o sorriso da alma’. Trátase dunha mostra de máis de 20 fotografías, nas que o autor, o fotógrafo autodidacta, Seve Ferreiro, ofrece a súa visión da viaxe que no 2022 fixo ao Nepal.

“Nepal é o mellor país para sacar fotografías ás persoas porque sempre teñen un sorriso na cara. Aquí refírome tamén á alma porque quería transmitir o interior da persoa, non sacar só o aspecto físico, transmitir a emoción, a autenticidade. Iso é o máis difícil, captar a alma da persoa. Quen vexa a exposición dirá se o conseguín ou non, a intención era esa, transmitir un estado emocional, un estado interior”, explica Seve Ferreiro sobre esta mostra coa que se estreaba expoñendo no Arenteiro Fotográfico de 2023.

A mostra que leva ao espectador por Nepal, lembra a tempos pasados en Galicia, coas tendas e os oficios que aquí se foron perdendo en favor das grandes superficies. A exposición chega a Pantón grazas á colaboración que veñen desenvolvendo coa asociación fotográfica, O Potiños.

⚙ Configurar cookies
0.16044497489929