A mostra ‘Mesturas’ de Manuel Cerviño xa pode visitarse en Chantada

RibeiraSacraXa
Estará aberta ao público durante todo o mes de xaneiro na Casa da Cultura de Chantada
Mostra 'Mesturas', Chantada
Mostra 'Mesturas', Chantada
6 Jan 2025

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición “Mesturas” do pintor de Bueu, Manuel Cerviño. Durante a inauguración, o artista presentou o libro “Tú, mi gran obra”, para o que estivo acompañado polo poeta de Chantada, Paco Ledo.

A exposición ofrece unha colección de óleos sobre lenzo de diversas temáticas, paisaxes, fauna e figuras humanas nas que destaca o estilo realista do pintor que desempeña a súa faceta laboral no mundo da xardinaría botánica no Pazo de Lourizán. As cafeterías e centros culturais preto da súa contorna foron os primeiros en amosar o seu traballo, que agora chega a Chantada.

A exposición pode visitarse durante todo o mes de xaneiro, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 hora e de 16:00 a 20:00 hora e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

0.10608410835266