A mostra ‘10x3’ poderá visitarse en Bóveda ata o mes de xuño
RibeiraSacraXa
Dez artistas diferentes expoñen as súas fotografías na Casa da Cultura de Bóveda

Inauguración da mostra '10X3' na Casa da Cultura de Bóveda
19 May 2025
A Casa da Cultura de Bóveda acolle ata o vindeiro 14 de xuño unha mostra fotográfica titulada ‘10x3’, na que dez artistas diferentes expoñen tres das súas fotografías. A exposición foi inaugurada este sábado, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.
A mostra amosa o traballo dos artistas Amiek Iglesias, Antonio Cortiñas, Felipe Casto, Jesús Rodríguez Montero, José Luis Rodríguez, José Camilo López, Pili Chaos, Ramón Vila, Tamara Lebón Sánchez e Vanesa Rodríguez.