A maxia envolverá Chantada o vindeiro sábado
RibeiraSacraXa
A maxia chega a Chantada cun espectáculo novidoso e divertido da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, compoñentes de Magia en la Manga.
15 Jun 2021
A maxia chega a Chantada cun espectáculo novidoso e divertido da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, compoñentes de Magia en la Manga. O evento, titulado A igualdade non ten truco, procura promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. A representación celebrarase o vindeiro sábado ás 19:00 horas no auditorio municipal de Chantada.
A entrada é libre ata completar o aforo que se atopa en 100 persoas. Así mesmo, o evento está dirixido para toda a familia. Farase un rexistro dos asistentes na entrada e poderase acceder dende as 18:30 horas.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Chantada e o Centro de Información á Muller de Chantada.