A iniciativa Sabios, xogos e xograres chega a Quiroga

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura de Quiroga celebra o vindeiro sábado unha xornada para conmemorar o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio.
sabios xogos e xograres
1 Nov 2021

Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.

Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.

A cita celebrarase o vindeiro sábado 6 de novembro ás 16 horas na casa da cultura de Quiroga. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes para gozar dunha xornada festiva e diferente.

0.21610689163208