A Filharmónica de Monforte organiza un concerto nos Escolapios a cargo de Pablo Ventero e a Orquestra Gaos

RibeiraSacraXa
Será o 1 de xuño con motivo do seu 75 aniversario
filharmonica-monforte-orquestra-gaos
24 May 2025

A Filharmónica de Monforte continúa coa programación conmemorativa do seu 75 aniversario cun concerto que terá lugar o próximo 1 de xuño ás 19:30 horas na Igrexa dos Escolapios.

O recital contará coa participación do novo violinista madrileño Pablo Ventero, quen iniciou os seus estudos musicais aos 7 anos e actuou como solista en auditorios de prestixio internacional, como o Auditorio Nacional de España ou o Kaufman Music Center de Nova York. A pesar da súa xuventude, compartiu escenario con figuras como Joshua Bell ou Daniil Trifonov.

Ventero estará acompañado pola Orquestra Gaos, unha formación galega nacerada en 2009 e integrada por 80 músicos, moitos deles estudantes e profesores de conservatorios galegos. A orquestra conta cunha destacada traxectoria tanto dentro como fóra de Galicia, con colaboracións en festivais, concursos internacionais e galas líricas xunto a recoñecidos artistas da lírica nacional e internacional.

A entrada ao concerto é libre ata completar aforo. A organización busca poñer en valor a música clásica e o talento novo dentro do marco do aniversario da Filharmónica.

⚙ Configurar cookies
0.076328039169312