A Festa da Serra da Madeira regresa a Froxán o 1 de maio

A Asociación Fonte do Milagro organiza unha nova edición da Festa da Serra da Madeira de Froxán, unha mostra sobre o serrado tradicional da madeira no Courel que este ano se celebrará o 1 de maio.
A partir das 11:30 horas, os asistentes poderá desfrutar dunha demostración do marcado e serra da madeira, unha actividade que, ademais, terá un carácter participativo, convidando a público a participar nesta iniciativa. Ao rematar, haberá animación musical a cargo de Quico Cadaval e servizo de comida e bar durante toda a xornada.