A Feira do Viño e das Cereixas de Belesar ultima detalles
RibeiraSacraXa
A XV Feira do Viño e das Cereixas de Belesar, que se levará a cabo entre o 15 e o 17 de maio, comercializará tres mil kilos de cereixas.
10 May 2021
A XV Feira do Viño e das Cereixas de Belesar, que se levará a cabo entre o 15 e o 17 de maio, comercializará tres mil kilos de cereixas, según representantes do Colectivo Cereixeiro de Galicia.
As cereixas serán postas á venda por seis expositores pertencentes á propia parroquia de Belesar, que terán o produto cun grao de maduración óptimo. Así mesmo, ademais das cereixas, tamén se poderá catar e comprar viño nas dúas bodegas que se inscribiron á feira.