A Feira do Viño de Chantada xa ten datas para a súa edición de 2026

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
A feira, que cumpre este ano 43 anos de historia, celebrarase os días 6,7 e 8 de marzo
feira-do-viño-de-chantada-2025
20 Jan 2026

A XLIII Feira do Viño de Chantada xa ten datas de celebración. Será os días 6,7 e 8 de marzo de 2026, tal e como veñen de confirmar dende a organización. Será, polo tanto, a máis madrugadora da Ribeira Sacra, encargada de abrir as feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra.

Consolidada como un dos principais actos festivos que se celebran no municipio de Chantada, a Feira do Viño ofrecerá ás persoas asistentes a proba do viño vendimado durante o ano. Non faltarán diferentes actividades ao redor do viño, así como actuacións musicais, nun ambiente festivo que atrae cada ano a miles de visitantes. Proximamente darase a coñecer toda a programación da Feira, así como o seu cartel oficial.

⚙ Configurar cookies
0.082227945327759